Wednesday 15 de May de 2024

Medra o medalleiro do Boudsport


Cristóbal Boudjenane subcampión europeo e Sara Gacio bronce no Open Internacioanal de París

O Concello de Ordes felicita a Cristóbal Boudjenane, competidor e responsable técnico do Club Boudsport de Ordes, quen recentemente se proclamou subcampión de Europa no Campionato de Europa Máster na categoría +45 anos e -68 Kg.

Un novo logro que unir a ampla lista que nos últimos anos están facendo medrar considerablemente os e as taekwondistas ordenses. Neste aspecto o Concello tamén se congratula da medalla de bronce conseguida por Sara Gacio no prestixioso Open Internacional de París, celebrado o pasado mes de novembro.